A MANCOMUNIDADE CONSO FRIEIRAS OFRECE CINCO POSTOS TEMPORAIS
Crean así a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais
A mancomunidade Conso Frieiras fai público no BOP do 29 de xuño o anuncio polo cal oferta a contratación de persoal laboral temporal para tres prazas de pións, unha de pión condutor/a e unha de xefa/e de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores por un período de tres meses os pións de brigada, pión condutor/a e os xefes de brigada. O procedemento selectivo e documentación será a establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por decreto da presidencia do 7 de xuño de 2018. O prazo de presentación de instancias farase no rexistro xeral do concello da Gudiña durante o prazo de 5 días hábiles (agás sábados) dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As bases atópanse a disposición do público no taboleiro de anuncios da mancomunidade e na sede electrónica: http://mancomunidadeconsofrieiras.sedelectronica.gal As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellaría do medio rural da xunta de Galicia e a Mancomunidade I.V. Conso-Frieiras para a creación de 1 brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

