Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE CONSO FRIEIRAS OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO

15 Xun 2020

Son postos temporais para as brigadas contra incendios forestais

A Mancomunidade de concellos Conso-Frieiras fai pública no BOP do 15 de xuño a seguinte contratación de persoal laboral temporal:

1.- Prazas:

Tres (3) pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Un (1) pión-condutor/a de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Un (1) xefa/e de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

2.-Modalidade contractual

A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado, a xornada completa do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores por un período de tres meses.

3.- Procedemento selectivo e documentación

A establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por decreto da presidencia de 10 de xuño de 2020.

4.- Prazo de presentación de instancias

Presentaranse no rexistro xeral do concello da Gudiña durante o prazo de 5 días hábiles (agás sábados) dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As bases atópanse a disposición do público no taboleiro de anuncios da mancomunidade e na sede electrónica: http://mancomunidadeconsofrieiras.sedelectronica.gal As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Mancomunidade I.V. Conso-Frieiras para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Volver