Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A FUNDACIÓN EXPOURENSE OFERTA POSTOS PARA DOCENTES DE CURSOS AFD

30 Ago 2017

Trátase de cinco accións formativas

A Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, Feira de Mostras, realiza a oferta pública de contratación de profesorado para impartir os cursos de formación profesional AFD que se relacionan a continuación, correspondentes á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade 2018.
1.- Promoción turística local e información ao visitante, con 708 horas de duración.
2.- Venda de produtos e servizos turísticos, con 688 horas de duración.
3.- Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas, con 768 horas de duración.
4.- Implantación e animación de espazos comerciais, con 408 horas de duración.
5.- Atención ao cliente, consumidor ou usuario, con 478 horas de duración.
As bases estarán expostas nas oficinas da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Finca Sevilla, s/n de Ourense, código postal 32005. As/Os interesadas/os deberán presentar as súas solicitudes nun prazo de tres días naturais contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP (30/8/17), en horario de 9:00 a 14:00 horas. Se o día en que remate o prazo de presentación de instancias é festivo ou non lectivo, aquel poderá ser presentado no seguinte día hábil.

Volver