A FORTALEZA É DAS MULHERES: ACTOS EN VERÍM REXEITANDO A VIOLENCIA MACHISTA
Están organizados polo CIM da mancomunidade de concelhos de Verím
Baixo o lema A FORTALEZA É DAS MULHERES, o Centro de Información á Mulher da Mancomunidade de Concelhos de Verím, organiza diferentes actos rexeitando a violencia machista. Trátase dos seguintes actos:
Do 19 ao 30 de novembro: Talheres e actividades de prevención nos centros educativos en colaboración coas entidades sociais e o Obradoiro da Mocidade da mancomunidade de Verím.
23 de novembro ás 18 horas: Café Tertulia en clave de soridaridade, no local de AEVER, baixos da Casa Sindical, na rúa Pedro González nº 5.
23 de novembro ás 20 horas: Concentración e lectura de manifesto. Acto público en rexeitamento da violencias machistas. Concentración, performance e lectura de manifesto na Praza do Concelho de Verím.
25 de novembro ás 18 horas: Gala contra as violencias machistas. Teatro "Cando Valentina era Mala" por iSilvadeiras Teatro; Presentación do spot "Ti que maltratas" (CIM Verím) con entrada gratuíta con previa reserva.

