Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A FISCALÍA PIDE AO TSXG QUE ESTIME UMHA DEMANDA PARA ANULAR OS ORZAMENTOS DE XINZO DO 2013

14 Mai 2014

NOVA REPRODUCIDA: Publicada na edición dixital de La Voz de Galicia do día 13 de Maio (sección Ourense)

Os orzamentos do Concello de Xinzo para o ano 2013 poderían ser anulados. Iso é o que pretende, polo menos, a demanda presentada pola CIG, que representa á maior parte do persoal municipal. Precisamente, o sindicato alega que o goberno local incumpliu coa obriga de negociar as súas contas co persoal e por iso piden o seu anulación. O primeiro filtro que debía superar o recurso do sindicato, a Fiscalía, púxose ao seu carón.
O fiscal, Fernando Suanzes, pediu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que estime a demanda. No seu escrito fai referencia ás escasas negociacións propiciadas polo goberno local e lembra, concretamente, que os representantes do persoal foron convocados a umha reunión só umha hora antes da aprobación plenaria do documento. A Fiscalía considera «apresurado» fixar umha posición sen dispor de máis probas que a documentación achegada polos denunciantes. Con todo, baseándose nos datos que ten e na xurisprudencia que existe a respeito deste tipo de casos, o fiscal aposta por estimar a demanda.
«De certo tampouco aquí existiu umha real vontade negociadora, no sentido de que a premura da última reunión da mesa conxuntamente co pleno e o contido a discutir non parece cumprir os requisitos mínimos dumha auténtica negociación, alén de configurar umha esixencia formal sen auténtico proceso negociador», di.

Volver