A FCM DA CIG INFORMA QUE NON ASINARÁ UN CONVENIO NA LOUSA QUE NON CONTEMPLE MELLORAS
A UGT pacta coa patroal ocultando os termos do acordo
A Federación de Construción e Madeira da CIG de Ourense, despois de varias xuntanzas da Mesa de Negociación do convenio da Lousa de ámbito de aplicación nas provincias de Ourense e Lugo, ven a informar do seguinte:
Leváronse a cabo tres reunións, nas que participaron a patronal, e pola parte social os sindicatos UGT, CC OO e CIG. Nestas reunións evidenciáronse as marcadas diferenzas que existen a hora de estabelecer uns mínimos dereitos para o persoal que traballa niste sector.
Na ultima xuntanza celebrada o día 27 de maio de 2021, despois do debate interno da Mesa de Negociación, a postura da CIG, ficou moi lonxe de poder acadar ningún acordo, mentres que a central sindical de UGT, moito máis dócil coa patroal, afirmou que sí podería chegar a aceptar un acordo seguindo ás instrucións dos xefes. O acordo proposto consiste en negociar unha mísera suba de salarios, conscientes de que o sindicato que ten a maioría da representación non está pola labor de puxar polos dereitos das/os obreiras/os. Deste xeito, quedan fora do acordo todas as necesidades que niste sector existen, e que para a CIG son imprescindíbeis. Estamos a falar de dereitos tan importantes como a cobertura completa nos casos de accidentes de traballo, a reducción de xornada anual (que nistes momentos é a máxima legal permitida), a acumulación do permiso de lactancia, vacacións anuais en 21 días laborais entre outros. Todas estas medidas están encamiñadas a mellora en prevención de riscos pois reducen a exposición do pó de sílice, moi presente nas canteiras e cunha afectación moi alta nas/os trababalladoras/es. Outra das peticións da CIG é a ampliación das pólizas de seguros por morte ou incapacidade permanente, accidente de traballo e enfermidade profesional, até a enfermidade común. Entendemos que unha irrisoria suba salarial non pode suplir a todas estas peticións, de rango social e imprescindíbeis para o persoal que todos os días acude ás canteiras.
Entendemos que a recuperación de dereitos non pode quedar atrás, e as milloras que a UGT foi deixando polo camiño nos últimos anos, asinando convenios en solitario amparándose na súa postura de sindicato maioritario no convenio da Lousa, debemos rescatalas.
Hoxe mesmo recibimos nova convocatoria para unha reunión o vindeiro día 17 de xuño para a sinatura do convenio, sen concretar cal será o texto do mesmo.
Tras varios intentos de falar coa patroal a única resposta que obtivemos foi que permanecían á espera do que a UGT aceptase.
Así as cousas, dende a CIG non entendemos como podemos ser chamados para asinar un convenio cando nen sequera coñecemos o contido do mesmo, e manifestamos o noso máis profundo rexeitamento a este tipo de sindicalismo, que só fai restar dereitos á clase traballadora.
A CIG non vai a participar niste “paripé” por todo o anteriormente exposto, lamentando que se repitan ciclicamente iste tipo de actuacións, que máis que defender os dereitos da clase traballadora, condénaos de xeito continuado.

