Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O MINISTRO DE FOMENTO, EN XIRA TEATRAL, VISITA AS "PARALIZADAS" OBRAS DO AVE EN OURENSE

12 Abr 2017

Consideran esta visita como un "sainete teatral"

A Federación de Construción e Madeira da CIG quere denunciar diante da opinión pública o que consideramos un sainete teatral no feito da visita do Ministro de Fomento as obras do AVE en Ourense.

Dentro da línea que nos ten acostumados o Partido Popular, este ministro ven ao noso pais a facerse a foto bonita para venderlla os/as galegos/as no mais rancio estilo electoralista.

Este ministro non se preocupa, igual que a súa antecesora, por galega que fose, da situación terceiro mundista das condicións nas que os traballadores realizan o seu labor diario na construción do tendido do AVE na Galiza, que son explotados polas UTES e as empresas subcontratadas, e que sofren a neglixencia e abandono dos organismos encarregados de velar e garantir que as súas condicións de traballo sean o máis dignas posibeis, e que se cumpla co establecido no Convenio da Construción en materia de xornada, saúde laboral e salarios.

A Federación da Construción e Madeira da CIG reitera unha vez mais as denuncias xa formuladas con anterioridade nos tramos do AVE na Galiza, e volve a subliñar que as xornadas que realizan a maioría d@s traballador@s superan as 12 horas diarias, traballan en condicións de precariedade e inseguridade laboral que se traduce en accidentes graves e incluso mortáis.

“As Obras con Finanzamento Público teñen que ser o referente en materia de Seguridade Laboral e no cumplimento do Convenio”.

Plácido Valencia Rodríguez

Federación da Construción e Madeira da CIG Ourense.

Volver