Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A EP SEAGA ABRE O PRAZO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL EN DIFERENTES CATEGORÍAS

04 Xun 2018

A empresa pública de servizos agrarios galegos SEAGA, fai pública no Diario Oficial de Galiza do venres 1 de xuño o anuncio polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal en diversas categorías profesionais e se abre o prazo de presentación de solicitudes para a incorporación a novas categorías profesionais desta empresa. O director-xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo consello de administración, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas II, para a selección de persoal temporal en diversas categorías profesionais da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), así como a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a incorporación a novas categorías profesionais da empresa pública Seaga. As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Volver