Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN NECESITA PIÓNS

25 Abr 2022

Son contratos de 90 días de duración

A entidade local menor de Berán fai pública a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, no BOP do 25 de abril segundo as bases aprobadas o 18 de abril de 2022:

1. Número e denominación das prazas: dous/dúas traballadores/as para prestar servizo como pións de servizos múltiples
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa (40 horas
semanais)
3. Duración do contrato: deica a fin de obra (90 días)
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no Rexistro da Entidade Local Menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no Rexistro da Entidade Local Menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)

Volver