Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A EGAP FAI UNHA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DO PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN

29 Set 2022

Poderán solicitarse tres probas de avaliación

A EGAP fai público que ante o elevado número de solicitudes rexistradas para o programa de autoformación de 2022,fai nova convocatoria de 4.400 prazas para novas probas de avaliación do dito programa. Estas probas van dirixidas ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia.



Acceso aos contidos
  • Poderase acceder aos contidos na aula virtual da EGAP a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 20 de decembro de 2022 tras facer a correspondente solicitude na área de matrícula.
  • Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
  • O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.
  • O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado.
Acceso ás probas de avaliación:
  • As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8 horas do 28 de setembro ata as 14 horas do 14 de outubro.
  • O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

SE QUERES AMPLIAR INFO E/OU INSCRIBIRTE PODES FACELO PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE

https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4056

Volver