Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A EGAP CONVOCA CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS PARA O PERSOAL DE SERVIZOS DE PREVENCIÓN E DEFNSA DE INCENDIOS FORESTAIS

27 Ago 2019

Sae publicado no DOG do martes do 27 de agosto

No DOG de hoxe 27 de Agosto, sae publicada a convocatoria deste curso para o persoal dos servizos de prevención e defensa. Poderá participar o persoal empregado público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que estea en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes, ou que estivese prestando servizos durante o ano 2019 en actividades principais ou auxiliares na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como pións forestais, bombeiros/as forestais, condutores/as de motobomba, emisoristas e vixilantes fixos, así como o que estea ou estivese gozando dun permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar.

Solicitudes e prazos : O prazo de presentación de solicitudes será de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Máis info o Dog de hoxe 27 de Agosto e/ou no enlace:


https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190827/AnuncioO150-200819-0001_gl.pdf

Volver