Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A E P SEAGA TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS

14 Mar 2020

Fai comunicado a tod@s os traballador@s

A E P Seaga ven de comunicar o venres 13 de marzo, en referencia á situación excepcional provocada pola pandemia producida polo coronavirus COVID-19 que, a Xunta de Galicia ven de publicar un protocolo de actuación en relación co persoal empregado público que rexerá as situacións que podan producirse en relación con esta circunstancia.

Deste xeito, para aquel persoal que teña ao seu cargo menores ou maiores dependentes e se vexa afectado/a polo peche de centros educativos ou de maiores, serán de aplicación as medidas dispostas no apartado 5 do devandito protocolo.

Para poder levar a cabo as medidas de flexibilidade e prestación de servizos a distancia é necesario que o/a traballador/a efectúe o correspondente trámite ante o responsable do centro de traballo.

Así mesmo, lémbranse as medidas xerais de prevención ante o COVID-19:

1) Exposición en tódolos centros de traballo do Anexo I publicado na Resolución do 12 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia.
2) Especial fincapé nas medidas hixiénicas nos centros de traballo (ventilación, lavado de mans, evitar contacto próximo con outras persoas, etc).
3) En caso de sintomatoloxía de febre, tose, etc, quedarse en casa e non acudir ao traballo, poñéndoo en coñecemento do seu superior e seguindo os protocolos dispostos polas autoridades sanitarias, en canto ás comunicacións, contactando co número 900 400 116 para calquera información.
4) Evitar na medida do posible, desprazamentos do persoal entre centros de traballo.

A fin de que dispoñan de toda a información posible ao respecto, axúntase a seguinte documentación:

- Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19

- Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Volver