Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A E P SEAGA EMITE COMUNICACIÓN DE SERVIZOS A PRESTAR DURANTE A CRISE SANITARIA

16 Mar 2020

É o detalle dos traballos a realizar

En data 15 de marzo de 2020 publicáronse as instrucións da Consellería de Medio Rural relativas a medidas de prevención do COVID 19 nos seus centros e servizos e servizos dependentes. En relación co persoal que presta servicios en SEAGA especificase que o xerente de SEAGA determinará, no seu caso, o persoal que debe prestar servizos presenciais nos termos sinalados no Acordo do Centro de Coordinación Operativa (CECOP) mediante o que se adoptan medidas preventivas nos lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 teránse en conta as seguintes especificidades:
PERSOAL ADMINISTRATIVO:
SS.CC: 1 administrativo de garda en horario de 9h a 14h e teletraballo para o resto de persoal no seu domicilio.
Delegacións Provinciais: desvío de chamadas para o teléfone que en cada oficina se estableza e teletraballo dende o domicilio.
ENCARGOS:
Convenio de colaboración suscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias
SS.CC: 1 técnico de garda en horario de 9h a 14h e teletraballo para o resto de persoal no seu domicilio.
Delegacións Provinciais:
o Técnicos: teletraballo no seu domicilio.
o Capataces: continúan co traballo de campo que realizan individualmente. Horario contínuo de mañá.
o Brigadas: quedan dispensadas da realización de traballo presencial ata novo aviso. Encomenda de xestión para apoio técnico, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de conservación integral dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia Técnicos: teletraballo no seu domicilio e visitas a obra de xeito individual.
Capataces: continúan co traballo de campo que realizan individualmente. Horario continuo de mañá.
Encargo do servizo de apoio aos servizos provinciais de montes para a posta en marcha do novo procedemento simplificado de solicitude de aproveitamentos forestais
Persoal técnico e administrativo: teletraballo no seu domicio con presencia ocasional en oficina de xeito coordinado para evitar a concurrencia de persoal nos edificios de SEAGA.
Encargo para o servizo de coordinación de seguridade e sáude
Técnicos: teletraballo no seu domicilio e visitas a obra de xeito individual

Reparación , conservación e mantemento da obra civil de infraestructuras xestionadas directamente pola entidade pública empresarial Portos de Galicia

Técnicos: teletraballo no seu domicilio e visitas a obra de xeito individual.
Brigadas: quedan dispensados da realización de traballo presencial ata novo aviso.

Apoio á xestión e realización do programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa velutina)

Técnicos e Administrativos: teletraballo no seu domicilio

Capataces: continúan co traballo de campo que realizan individualmente. Horario contínuo de mañá

Encargo para o control do cancro do castiñeiro en masas forestais galegas nos anos 2019 e 2020, e seguimento dos tratamentos cofinanciado con FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Persoal de oficina: teletraballo no seu domicilio
Persoal de campo: continúan co traballo de campo que realizan individualmente. Horario continuo de mañá.

Realización de actuacións de acondicionamento, conservación e adecuación de hábitats de interese en parques da Rede de Parques Naturais de Galicia
Técnicos: teletraballo no seu domicilio e visitas a obra de xeito individual.
Brigadas: quedan dispensados da realización de traballo presencial ata novo aviso.
Apoio técnico na xestión de expedientes do Pian de Mellora de Camiños Municipais 2020, do Plan Marco:
Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 e dos Proxectos de rehabílitación e
reforma de mercados municipais
Técnicos: teletraballo no seu domicilio.
Execución de obras de limpeza en Aldeas Modelo, ano 2020
Brigadas: quedan dispensados da realización de traballo presencial ata novo aviso.
Xestión para a retirada, almacenamento e xestión de residuos procedentes da inspección e vixilancia pesqueira realizada pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2020
Continúa co traballo que se realiza de xeito individual. Horario contínuo de mafiá.
Sinalamentos de Madeira
Brigadas: quedan dispensadas da realización de traballo presencial ata novo aviso.
Encargo AXI
Técnicos e capataces: continúan co traballo que realizan de xeito individual. Horario contínuo de mañá.
Brigadas: quedan dispensadas da realización de traballo presencial ata novo aviso.

Reinstalación na ría de F errol , dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de producción declaradas como
clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia

Traballo presencial de 1 persoa por día en horario de mañá.

Rexeneración de bancos marisqueiros

Traballo presencial de 1 persoa por día en horario de mañá.
Servizos técnicos para a realización de mostraxes oceanográficas
Continúan co traballo que realizan de xeito individual. Horario contínuo de mañá.
Encargo para a constitución dunha Unidade Mixta para a xestión de pragas e enfermidades forestais
Continúan co traballo que realizan de xeito individual. Horario contínuo de mañá.
Encargo de execución para o apoio á conservación e fomento dos recursos xenéticos forestais para a recollida e procesado de semente forestal de alto valor xenético na Comunidade Autónoma de Galicia
Técnico: teletraballo no seu domicilio.
Campo: continúan co traballo que se realiza de xeito individual. Horario contínuo de mañá.

Volver