A DEPUTACIÓN DE OURENSE NON PODERÁ MANTER AS 66 DESIGNACIÓN DERIVADAS DO CONCURSO ANULADO DA RPT 2016
07
Mai
2020
O xulgado CA número 2 de Ourense desestimou a inexecución da sentenza solicitada por Baltar
Logo de perder no Xulgado CA núm. 2 de Ourense, na Sala do CA do TSXG, na Sala do CA do Tribunal Supremo e, de novo, na Sala de Casación do TSXG todos os recursos relativos ao proceso xudicial interposto pola CIG contra o concurso ordinario derivado da RPT 2016, o señor Baltar tentou, nun último caneo xudicial, manter vixentes as 66 designacións e ascensos ilegais, nacidos da norma anulada, solicitando ao Xulgado CA núm. 2 de Ourense a "inexecución" da sentenza ou, subsidiariamente, o mantemento dos ascensos efectuados, por seren os adxudicatarios dos "dedocráticos" ascensos, segundo a Deputación, beneficiarios de "boa fe".
Pois tampouco !!!! O Xulgado do CA núm. 2 de Ourense ven de desestimar a solicitude de inexecución de sentenza peticionada pola Deputación Provincial a sinalar-lhe, claramente, que o que é nulo non existe e condenandos a pagar as custas (con istas xa leva 5 condenas en custas que pagarán os cidadáns e cidadás) !!!
"En definitiva, lo que es nulo no produce ningún efecto, debe considerase que nunca ha existido, por lo que no puede pretenderse mantener la validez ni de actos particulares dictados al amparo del acto declarado nulo ni, mucho menos, los nombramientos efectuados con base en él".
Dende a CIG animamos ao senhor Baltar, nun momento tan difícil para a sociedade como o actual, a deixar de "revirar" as decisións da xustiza, a cumprimenta-las e a dar contas públicas deste asunto, por medio das canles democráticas que temos: a asunción de responsabilidades, a actuación en consecuencia por ter sido condenado 5 veces por todos os Tribunais do Estado Espanhol e, mesmo, a demisión !!!

