Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A DEPUTACIÓN DE OURENSE PUBLICA CONVOCATORIA DE TRES POSTOS TEMPORAIS

30 Mar 2017

Son tres prazas de administrativ@

A deputación de Ourense publica no BOP do 30/03/17 a convocatoria e bases de selección como persoal funcionario interino de tres administrativos de administración xeral para o servizo de xestión tributaria e recadación. De conformidade co disposto na Ordenanza provincial reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da deputación provincial de Ourense, aprobada na sesión plenaria do 29 de xullo de 2014 e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 1 de agosto de 2014 é obxecto das bases a regulación do proceso selectivo e a convocatoria como persoal funcionario interino de tres administrativ@s para o Servizo de Xestión Tributaria e Recadación (subgrupo C1). O procedemento de contratación temporal será o procedemento ordinario previsto no artigo 4 da Ordenanza.

Para descarregar as bases do proceso pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver