Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A DEPUTACIÓN DE OURENSE OFERTA UNHA PRAZA DE FUNCIONARI@ INTERINO

30 Abr 2018

Traballará como técnic@ medio no arquivo

A deputación de Ourense fai pública no BOP do 30 de abril a convocatoria e bases de selección como persoal funcionario interino dun/ha técnico/a medio de arquivo para a sección de arquivo e publicacións-negociado de arquivo da área de administración xeral.

De conformidade co disposto na ordenanza provincial reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, aprobada na sesión plenaria do 29 de xullo de 2014 e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 1 de agosto de 2014, é obxecto destas bases a regulación do proceso selectivo e a convocatoria como persoal funcionario interino de un técnico medio de arquivo para a Sección de Arquivo e Publicacións-Negociado de Arquivo (subgrupo A2) da Área de Administración Xeral. O procedemento de contratación emporal será o procedemento ordinario previsto no artigo 4 da ordenanza

Se queres descarregar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver