A DEPUTACIÓN DE OURENSE OFERTA UN POSTO DE TRABALLO
É para un/unha mestre/a de perfeccionamento de pintura
A deputación de Ourense fai pública no BOP a convocatoria e bases de selección como persoal laboral temporal dun/dunha mestre/a de perfeccionamento de pintura para a Escola Provincial de Artes e Oficios. De conformidade co disposto na Ordenanza provincial reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, aprobada na sesión plenaria do 29 de xullo de 2014 e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 1 de agosto de 2014, é obxecto destas bases a regulación do proceso selectivo e a convocatoria como persoal laboral temporal dun/dunha mestre/a de perfeccionamento de pintura para a Escola Provincial de Artes e Oficios (subgrupo C1). O procedemento de contratación temporal será o procedemento ordinario previsto no artigo 4 da ordenanza.
Se queres ollar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

