Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA CONCURSO PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DA RPT

02 Set 2016

Fai públicas as bases reguladoras do concurso ordinario para a provisión de diversos postos de traballo na RPT

A Deputación provincial de Ourense publicou no BOP de hoxe, 2 de setembro as bases reguladoras do concurso ordinario para a provisión de diversos postos de traballo na RPT.

O obxecto das  bases é a regulación do procedemento de concurso ordinario para a provisión dos postos de traballo actualmente vacantes (exclúense da convocatoria algúns postos que está prevista a súa modificación ou supresión ou se atopan en estudo) na Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial de Ourense (aprobada definitivamente por acordo do Pleno da Corporación de 29 de abril de 2016 e publicada no BOP n.º134 de xuño de de 2016), de conformidade co establecido na lexislación aplicable en materia de función pública e persoal ó servizo da administración provincial, e en particular na Ordenanza provincial reguladora do cadro de persoal e da clasificación e provisión de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense (BOP n.º 28, do 4 de febreiro de 2004).

Preme no pdf que está debaixo da fotografía para ver os postos e descarregar as bases

Volver