Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONDENADA A ANULAR 69 ADXUDICACIÓNS DE POSTOS DE TRABALHO

18 Set 2019

É a cuarta resolución xudicial que confirma a demanda interposta pola CIG

A Sala Especial do TSXG desestima, novamente, o Recurso de Casación Autonómica interposto pola Deputación Provincial d'Ourense contra a Sentenza do proprio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que confirmara a Sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo d'Ourense, pola que se anularan as Bases Reguladoras e a Convocatoria do Concurso Ordinario para a provisión de Posto de Traballo da Deputación d'Ourense.

Nesta ocasión, trátase da 4ª resolución xudicial a que dá a razón á CIG sobre a mesma materia: A ILEGALIDADE DO CONCURSO ORDINARIO que dende finais de 2016 convocou e organizou a Deputación de Ourense, para adscribir a máis de 69 funcionarios/as en postos de traballo de alto nivel.

As consecuencias deste Auto son as seguintes:

a) O Auto é firme e non caben máis recursos

b) A deputación conta cun prazo de 2 meses para cumprir o disposto na sentenza orixinal, do Xulgado do CA nº 2 d'Ourense, que ordeaba anular as Bases Reguladoras e a Convocatoria do Concurso Ordinario organizado.

c) Se no prazo de 2 meses, a Deputación non cumpre, a CIG pode solicitar a execución forzosa da Sentenza e, mesmo, que se imponhan multas coercitivas aos responsábeis políticos que, debendo cumprir, non cumpran coa manda da sentenza.

O cumprimento da sentenza implica:

- Que a Presidencia da Deputación debe ditar Resolución acordando a anulación das bases e do concurso celebrado e, consecuentemente, anular tamén as 69 adxudicacións de postos de trabalho e de categorías realizadas a favor dos funcionarios/as que participaran nise concurso; atribuíndo-lhe a categoría, soldo e posto que tinhan antes do concurso.

- Que a resolución anulatoria afectará ao redor de 69 funcionarios/as que deberán retornar aos seus postos de orixe e perder os beneficios que irregularmente lhe atribuíra a Deputación d'Ourense.

A CIG está satisfeita co pronuncimento xudicial e, esperamos que a Deputación non nos obrigue a ter que executar forzosamente a Sentenza, porque iso implicaría que nos olharimos na obriga de presentar denuncia contra os gobernantes que non cumpran a manda xudicial.

Volver