Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A DEPUTACIÓN DE OURENSE ABRE DÚAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN

20 Nov 2020

Son para chofer especialista e condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais

A Deputación de Ourense fai público no BOP do 20 de novembro a aprobación das listaxes previas para a contratación de persoal laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense e do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (INORDE) nas categorías profesionais de chofer especialista e condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, en cumprimento do establecido na Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (Boletín Oficial da Provincia do 1 de agosto de 2014), texto consolidado (Boletín Oficial da Provincia do 30 de xullo de 2020).

As listaxes elaboradas conforme ás presentes bases substituirán, unha vez aprobadas e publicadas, e con efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, ás seguintes listaxes de contratación, actualmente vixentes:

- Listaxe de contratación da categoría de chofer especialista, publicada no BOP n.º 96 do 27 de abril de 2019.
- Listaxe de contratación da categoría de condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, publicada no BOP de Ourense n.º 96 do 27 de abril de 2019.

Volver