A CONSELHARÍA DO MEDIO RURAL CONVOCA PROBAS FISICAS NO SERVIZO CONTRA INCENDIOS OS DÍAS 5, 6 e 7 de MAIO
A Conselharía do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listaxes de diversas cateogrías do SDCIF
Os días 5, 6 e 7 de maio de 2014, a Conselharía do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listaxes reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de Técnico Superior, Técnico forestal, Xefe cuadrilha, Pión condutor, Pión e condutor motobomba (proba física) e ás categorías de Vixiante fixo e vixiante movil (proba de agudeza visual).
As datas previstas para a realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:
|
Data |
Apelidos |
|
05/05/2014 |
A – B – C – D – E – F |
|
06/05/2014 |
G – H – I – J – K – L – M – N – Ñ – O |
|
07/05/2014 |
P – Q – R – S – T – U – V – W – X – Y – Z |
Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:
A Coruña: Pavilhón Polideportivo “Monte Alto”, Rúa Alcalde San Jurjo, s/n.
Lugo: Pistas deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras).
Ourense: Pavilhón polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n.
Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta, av. Fernández Ladreda, nº 43.
Consulta a web da Conselharía do Medio Rural e do Mar para ver o dia persoal;
http://medioruralemar.xunta.es.
Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do Documento de Identidade e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dumha proba de esforzo físico. Dito certificado terá unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.
Se queres mais información diríxete aos locais da CIG de Verín ou Xinzo de Limia (988412345, 988462583) ou á web da Conselharía do Medio Rural

