Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A CONCELLEIRA DE PERSOAL DE VERIN AO DE SEMPRE: A FACER FUMO PARA AGACHAR A SÚA RESPONSABILIDADE !!!

13 Set 2021

O servizo da policía local precisa máis efectivos de forma urxente

Levamos meses a comprobar como Verín tornou na “alfombra vermella” perfeita non só da celebración do Festival de Curtas, mais tamén da estrea semanal de todo tipo incidentes nocturnos. É certo que esta problemática ten raíces fondas e non vai ser posíbel arranxa-la con medidas policiais, mais non é menos certo que a carencia total de efetivos no corpo da policía local contribúe a que o noso Concello sexa o lugar idóneo para que os “amigos do alleo” fagan o seu traballo sen obstáculos.
Pois ben, dito o anterior debemos lembrar como estaba o corpo da policía local de Verín antes de que este grupo de goberno acedera ao poder no ano 2015 e como está hoxe pasados 7 anos.
Para isto non cómpre que nos estendemos en exceso, abonda con indicar que, cando o tándem Gerardo Seoane-Rosario Rodríguez aterrou nos despachos da Casa Consistorial, o Concello dispuña mesmo dun servizo nocturno de policía local. Nista altura, nen existe ise servizo nocturno nen apenas existen efetivos policiais en Verín. Fronte aos 20-25 policías dos que dispoñen concellos como Xinzo de Limia e O Carballiño, Verín conta con 8 e/ou 10 efetivos dependendo dos períodos de baixas, vacacións, etc. dos funcionarios/as.
Non é a primeira vez, nen será a última, que teñamos que asistir á cerimonia da confusión que a concelleira de persoal de Verín organiza de cando en vez pra agachar a absoluta falta de planificación, competencia e descontrol do goberno local. Niste caso en materia de policía local.
A señora Rodríguez, cada vez que xurde un problema no Concello, no canto de atuar como unha política responsábel e preocupada pola cidadanía atúa como “sabe”: a largar balóns fora e a tentar desviar a atención da cidadanía botando-lle a culpa á CIG e a outras centrais sindicais, niste caso, pola falta de efetivos no corpo da policía local.
Hoxe mesmo, ven de declarar nun medio local o seguinte: "...non é posible sacar ditas prazas xa que os sindicatos CIG e CSIF teñen recorridas ambos a oferta pública do ano 2019, e CIG tamén a oferta correspondente ao ano 2021”.
Imos comprobar que hai de verdade nas palabras da señora Rodríguez, sen necesidade de por-lle cualificativo nengún a súa atuación.
a) Oferta de Emprego Público 2019 do Concello de Verín (OPE 2019)
A CIG propuxo criar 5 postos de policía local
Os sindicatos e o grupo de goberno chegaran ao seguinte acordo de criar 3 postos de policía local
O grupo de goberno tardou 15 días en rachar o acordo e reducir as prazas de policía local pactadas a 1.
O Xulgado Contencioso anulou a decisión do Grupo de Goberno por incumprir o acordo alcanzado.
b) Oferta de Emprego Público 2020 (OPE 2020)
A CIG propuxo criar 8 postos de policía local
O Grupo de Goberno non criou nengún.
c) Oferta de Emprego Público 2021 (OPE 2021)
A CIG propuxo criar 10 postos de policía local
A CIG ofereceu ao Concello renegociar as OPE 2019 e 2020 xunto coa do 2021 pra criar postos suficientes para o cadro da policía Local.
O Concello propuxo criar 1 posto de policía local e no aceitou a proposta da CIG.
En conclusión a CIG propuxo criar, en 3 anos, mais de 20 postos de policía local, para poder equiparar o cadro de Verín a cadros doutras vilas semellante como O Carballiño; entanto que o grupo de goberno propuxo criar, en tres anos, 2 postos de policía local (oferecendo nalgunha ocasión criar un 3º posto).
Mais, pra que isto non fique no xogo do “escondite”, ao que xoga arreo a concelleira de persoal, hoxe presentamos polo rexistro eletrónico do Concello unha oferta ao Grupo de Goberno sobre as OPE e a policía local e estamos desexando coñecer cal será o subtefuxio para que non a aceiten.

PODES OLLAR O ESCRITO REXISTRADO NO CONCELLO ABRINDO O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

 

Volver