Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A COMISIÓN DELEGADA DO HOSPITAL DE VERÍN DENUNCIA O CAOS NO SERVIZO DE MEDICINA INTERNA

10 Xan 2017

A situación é provocada pola falta de xestión da Xerencia da Área

Os/as representantes d@s traballador@s fan pública a súa preocupación polo que acontece no Servizo de Medicina Interna do Hospital: o caos que está a deteriorar a calidade asistencial.

Dende a comisión delegada os traballadores/as reclaman a reposición dos facultativos eliminados do servizo de medicina interna e dada a gravidade da situación que está a provocar a xestión da súa Xerente, demandan o cesamento de Eloína Nuñez pra deter o desmantelamento do hospital comarcal de Verín.

Volver