Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A comarca de Monterrei sairá á rúa o vindeiro 20 de decembro en defensa do parador de Turismo

12 Dec 2012

Está previsto o comezo da manifestación ás 19:30 horas, con saída da Praza do concello de Verín

Na primeira xuntanza acordouse ademais recabar de todos os alcaldes das comarcas de Monterrei e Conso Frieiras a publicación e difusión de bandos, tanto nos paneis municipais, como na prensa e radios da provincia, chamando á participación dos veciños e veciñas á manifestación popular, poñendo autobuses de transporte para facilitar a participación de veciñas e veciños.

Decidiuse solicitar, en nome da Comisión, unha entrevista coa Dirección Xeral de Paradores, para coñecer de primeira man as posibilidades que hai de revogar a decisión de peche do parador e coa Secretaría Xeral para o Turismo, para saber que posibilidades hai de que pase á administración autonómica.

Volver