Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG VOLVE GANHAR CON MAIORÍA ABSOLUTA AS ELECCIÓNS SINDICAIS NO CONCELHO DE MONTERREI

14 Xan 2021

Revalida o resultado acadado nas Eleccións Sindicais do 2015

A CIG volveu ganhar con maioría absoluta as Eleccións Sindicais que se venhen de celebrar iste xoves 14 de xaneiro no concelho de Monterrei ó lograr as 3 representantes a escolher entre o persoal laboral.

Niste proceso eleitoral celebrado entre o persoal laboral a central sumou un total de 30 votos dos 39 posíbeis, sendo candidatura única e revalidando o resultado logrado nas anteriores Eleccións Sindicais celebradas no ano 2015.

Dende a Unión Local da CIG Monterrei A Limia queremos dar os parabéns as companheiras eleitas e mostrar todo o apoio para que den continuidade ao trabalho que están a realizar.

Volver