Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG-Verín reclámalle á Consellería de Sanidade que paralice as xestións encamiñadas a suprimir o centro de urxencias da vila

16 Mai 2012

Critican a pasividade do Goberno local do PP e instan o alcalde a defender os dereitos dos veciños/as

Dende a central nacionalista lembran que na instalación “prestábase un servizo satisfactorio os usuarios e non fora inaugurada hai tanto tempo polos mesmos que agora deciden pechala”. Do mesmo xeito, critican a falta de información sobre o proceso, aínda que aseguran non estar sorprendidos “tendo en conta que nin os propios/as profesionais que prestan servizo no centro aínda non saben cal vai ser a súa ubicación no Hospital de Verín”.

Fronte a isto esixen a convocatoria dunha xuntanza de traballo entre todos os sectores implicados para abordar o problema e censuran a actitude do Goberno local. “O alcalde da vila, que tamén e senador do PP, mantense totalmente pasivo, xustifica a falcatruada e esquece protexer os dereitos dos veciños/as que o votaron”.

Volver