Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG VERÍN A LIMIA REÚNESE CO SUBDELEGADO DO GOBERNO POLOS DESPEDIMENTOS DO AVE

13 Abr 2015

A xuntanza desenvolveuse o día 13 de Abril do 2015, ás 12.00 horas, na Sede da Subdelegación en Ourense

O Secretario da Unión Local da CIG de Verín e a Limia, Luís Ferreiro, e o Responsábel da Federación da Construción en Ourense, Plácido Valencia, reuníronse o día 13 de Abril, ás 12.00 horas, co Subdelegado do Goberno en Ourense e coa Xefa da Inspección de Trabalho e Seguranza Social, pra esixir, ao primeiro, a adopción de medidas que garantan a estabilidade no trabalho dos operarios/as do AVE, así como o respecto aos dereitos laborais e sindicais.

A CIG requiriu a intervención do Goberno numha obra pública que, dende o prisma laboral, se pode cualificar como "a selva"; onde as vítimas sempre son os trabalhadores e trabalhadoras. Puxéronse no conhecimento do responsábel gobernativo os distintos incurmpimentos nos que, darreo, incorren as adxudicatarias e subcontratas do AVE, co obxecto de que se depuren as responsabilidades oportunas.

Por parte da Subdelegación anunciouse a instrución dumha inspección sobre as circunstancias denunciadas pola CIG aos efectos procedentes.

O certo é que, mentres os trabalhadores e trabalhadoras das Comarcas afectadas non eregamos a voz, unidos, fronte á explotación, non será esta a útlima vez que tenhamos que clamar pra que alguén tome en consideración que vivimos no século XXI e non no XIX, como acontece nas linhas do AVE da provincia de Ourense.

Volver