Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG valora positivamente a reunión co delegado da Xunta en Ourense, pero lembra a obriga da Vidreira de sentar a negociar

11 Xun 2009

O representante da administración comprometeuse a trasladar á dirección da empresa a proposta presentada pola central

Anxo García Torres, membro do Comité de Folga e responsábel da CIG-Verín, valorou positivamente a xuntanza, aínda que matizou que esta reunión entra dentro das funcións do delegado da Xunta, quen non puido organizar a mediación xa que a empresa se negou, unha vez máis, a negociar coa representación social.

Non obstante, García Torres destacou a actitude positiva do delegado quen previamente mantivo unha reunión por separado coa dirección da empresa para coñecer a súa proposta, mentres que na xuntanza do día 10 coñeceu de primeira man a proposta do Comité, que agora trasladará á empresa.

Así mesmo, o representante da administración tamén se comprometeu a realizar xestións para tentar sentar na mesma mesa á ambas partes.

Para García Torres neste momento hai dúas cuestións que destacar

- A negativa da empresa a negociar, incumprindo deste xeito a súa obriga legal.

- A ausencia de alternativas baralladas por CCOO, logo de romper de xeito unilateral a unidade sindical e negarse a acudir á xuntanza co “superdelegado”. “Se non están de acordo coas medidas sindicais, nin xudiciais nin veñen ás reunións, que alternativas ofrecen aos traballadores/as?”, preguntouse García Torres.

Próximas accións

A respecto das medidas que se están a levar a cabo, o responsábel da CIG-Verín, sinalou que o vindeiro día 19 de xuño vai ter lugar a celebración do xuízo polo conflito colectivo, a raíz da última modificación substancias das condicións de traballo imposta pola Vidreira do Atlántico. De igual xeito, barállase nese mesmo día convocar unha concentración de traballadores/as en Ourense e entre o 24 e 26 deste mes darase comezo aos 15 días de folga continuada na fábrica de A Limia.

Volver