Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A CIG BOTA EMBAIXO A RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALHO E AS BASES DE CONTRATACIÓN APROBADAS POLO CONCELHO DE XINZO DE LIMIA

28 Xun 2014

Aprobadas o 27/12/12, polo Pleno do Concelho de Xinzo de Limia, pra configurar un proceso de oposicións á carta dos intereses do goberno do PP

Mais umha vez, a CIG consegue anular umha INXUSTA decisión do Concelho de Xinzo de Limia, dirixida a lanzar umhas oposicións á carta, así como a menoscabar os dereitos do persoal do Concelho de Xinzo de Limia.

DESTA VOLTA NON VAI SER !

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de tombar a RPT e as Bases de Contratación aprobadas, o 27 de Decembro do 2012, polo Pleno do  Concelho de Xinzo de Limia, por violación do dereito de liberdade sindical e negociación colectivo.

CANTO CUSTARÍA AOS VICINHOS/AS DA LIMIA A ASESORÍA CONTRATADA EN SANTIAGO PRA ELABORAR UMHA RPT ILEGAL ?

A importancia dista sentenza radica, por umha banda, en que a RPT, agora anulada, era o primeiro banzo cara umhas incertas oposicións e, pola outra, en que, xunto coa RPT, se anulan a proposta de actuación prioritaria en materia de racionalización e regulación do persoal municipal e as Bases de Contratación. É dicer, botamos embaixo toda a arquitectura argumental construída polo Alcalde do Concelho, pra reducir o salario ao persoal.

O próximo paso será denunciar a discriminación que supón a redución salarial do persoal.

Volver