Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG SOLICITA A AVOGACIA DO ESTADO A INSTRUCIÓN DUN PROCEDIMENTO DE REVISIÓN DA LEGALIDADE A RESPEITO DE CERTAS DECISIÓNS SALARIAIS DO ALCALDE DO CONCELHO DE VERÍN

16 Xul 2014

Todos os meses, dende o ano 2011 a Secretaria e o Interventor do Concelho venhen percibindo 1000 €, fronte ao resto dos trabalhadores/as que tenhen conxelado o seu salario

O Alcalde do Concelho de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, malia as proibicións estabelecidas nas diferentes Leis de Orzamentos do Estado, incrementou en 1000 euros ao mes, todos os meses, dende o ano 2011 a actualidade, o salario da Secretaria e do  Interventor Municipais, agachando tal suba retributiva baixo a denominación de complemento de produtividade; en base á realización certos trabalhos pra umha  Asociación Turística de carácter privado: Puertas de Galicia.

O grave diste asunto é que os implicados no mesmo: Alcalde, Secretaria e Interventor, son os mais altos funcionarios da Administración do Concelho de Verín, encargados de velar pola legalidade das decisións municipais e que opóndose, sistematicamente, a calquera incremento retributivo do resto dos trabalhadores/as municipais, en base á limitación contida nas Leis de Orzamentos, esqueceron, no seu proprio caso, informar ao rexedor sobre a licitude de tais incrementos.

Volver