A CIG-SEAGA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN PARA O VINDEIRO LUNS 14
Será ás 10:30 en San Caetano, fronte á estación de buses
A CIG-SEAGA convoca unha concentración para o vindeiro luns 14 ás 10:30 en San Caetano, fronte á estación de buses, para demostrar o rexeitamento ás negociacións para modificar o decreto que a conselharía do Medio Rural e Función Pública están negociando cos sindicatos da Administración. As diversas propostas que fixo a Función Pública para puntuar á E P SEAGA (0.25 o 21 de decembro e o 0.15 o 9 de xaneiro) deixan a inmensa totalidade do plantel da SEAGA fóra das listaxes para cubrir as novas vacantes da conselharía do Medio Rural. Queremos unha solución para as e os traballadoras e traballadores de SEAGA que non sexa quedarse sen os seus postos de traballo.
Todo o mundo fala do Decreto, están no seu dereito, pero son os postos de traballo da SEAGA os que desaparecen. Somos as e os profesionais desta empresa (ente instrumental propio da conselharía ) os que quedamos sen trabalho.
Porque a Xunta quere prescindir da nosa experiencia profesional na que leva invertido millóns de euros?
A que queren que nos adiquemos agora se non é a facer o que sabemos?
Porén, a CIG convoca para o día 14 de xaneiro ás 10.30 a unha concentración en San Caetano (fronte á Estación de buses).
PARTICIPA!!! SEAGA SOLUCIÓN!! CIG-SEAGA EN LOITA !!!!! FORZA COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS!!!

