A CIG SEAGA CONVOCA MANIFESTACIÓN PARA O MARTES 16 DE OUTUBRO
Será ás 11 horas e sae de diante do sindicato en Compostela
Ante a inminente e derradeira fin da campanha na E P Seaga, en extinción dos lumes; e dado que non se conhece cal é a modificación do decreto para poder obter puntuación do tempo trabalhado na extinción, a CIG SEAGA convoca MANIFESTACIÓN O MARTES 16 DE OUTUBRO ÁS 11 HORAS QUE SAIRÁ DA RÚA MIGUEL FERRO CAAVEIRO, (EDIFICIO DO SINDICATO) ATÉ O EDIFICIO DA FUNCIÓN PÚBLICA.
Acadar que a función pública e medio rural modifiquen o decreto non é suficiente, é preciso saber cal é a proposta que se vai a tratar, pois o futuro laboral deste gran colectivo está no aire.
SEAGA EN FOLGA!!!!
XUNTA SOLUCIÓN!!!!

