Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG SAUDE OFERTA CURSOS EN PREVENCIÓN DE RISCOS EN VERÍN

03 Mar 2021

Son cursos gratuítos con prazas limitadas

A CIG-SAÚDE, en colaboración co Gabinete de Prevención da CIG, oferta aos profesionais da saúde de Verín, a posibilidade de continuar formándose, gratuitamente, nun área tan fundamental como é a Prevención de Riscos Laborais. Como xa ocurriu o pasado ano, e debido á pandemia que estamos a padecer, a formación que se vos presenta vai ser en formato de Teleformación.

A oferta deste ano 2021 é moito máis ampla que a de anos anteriores, permitíndose que cada persoa que así o desexe, poda solicitar a inscrición en cantos cursos queira.

É fundamental que, a fin de formalizar a inscrición de xeito correcto, enviedes os seguintes dados persoais completos, ao correio c.ourense@cig-saude.gal de non ser así non se realizará a inscrición:

NOME e APELIDOS, DNI, ENDEREZO ELECTRÓNICO, TELÉFONO DE CONTACTO e CATEGORÍA PROFESIONAL


O primeiro curso ten a data de inicio niste mes de marzo, polo que, de ser do voso interese deberedes solicitalos á maior brevidade.

CURSOS DA COMARCA DE VERÍN

Título Curso

16/03/2021        Prevención de lesións musculoesqueléticas no eido sanitario mediante a actividade física                      (10 horas)  

22/04/2021        Efectos da turnicidade e o traballo nocturno na saúde laboral no sector sanitario                                        (10 horas)   

18/05/2021        Riscos biolóxicos no entorno sanitario   (10 horas)   

03/06/2021        Estrés e síndrome de bournout como riscos psicosociais no eido laboral                     (10 horas)    

30/09/2021       Xénero e riscos psicosociais no ámbito sanitario: prevención dos riscos psicosociais dende o            enforque de xénero   (10 horas) 

Volver