Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG SAUDE DENUNCIA A SOBRECARGA NO PAC DO HOSPITAL DE VERÍN POLA DEFICIENTE XESTIÓN DA XERENCIA DO SERGAS

07 Xul 2015

O día 4 de xulho só se presentou un médico no PAC de Verín

Dende CIG-Saúde vémonos na obriga de denunciar publicamente umha nova irresponsabilidade por parte da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense.

Nesta ocasión os afectados/as foron os habitantes da comarca de Verín (ao redor de 30.000 habitantes). No Punto de Atención Continuada (PAC) prestan os seus servizos dous facultativos todos os días do ano.

O citado día 4 de xulho, ás 3 da tarde (hora de comezo da garda do PAC) só se presentou umha médica, sen que se presentara substituto/a algún/umha. A profesional púxose en contacto coa dirección, mostrando esta a súa extranheza pola situación que estaban a vivir, o que deixa ver claramente a incompetencia e desidia por parte dos xestores da asistencia sanitaria de Ourense.

Esta falha dun facultativo/a levou a umha sobrecarga á únca facultativa que se atopaba prestando servizo no PAC, só aliviada pola presenza voluntaria dun companheiro que acodiu dende as 24.00 horas.

Parécenos lamentábel que umha comarca tan poboada se deixe numha situación de precariedade asistencial e mais nesta época estival na que se incrementa a poboación no rural. Solicitamos, polo tanto, a quen corresponda, o cesamento dos responsábeis desta situación.

Volver