Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG RECLAMA, AO CONCELHO DE VERÍN, O RESTABELECIMENTO DO SERVIZO NOCTURNO DE POLICIA LOCAL

21 Xan 2015

O próximo luns 26 a CIG reunirase co Alcalde de Verín pra tentar chegar a un acordo que propicie o restabelecimento do servizo nocturno de policía local

Tras a vaga de problemas de seguranza acontecidos no Concelho de Verín desque se suprimira, hai 2 meses, o Servizo nocturno da policía local, a CIG tentará o luns dia 26 chegar a un acordo con Jiménez Morán que permita restabelecer o citado servizo, en condicións dignas de prestación pro cadro de persoal da policía, co obxecto de contribuír a que o común dos mortais disponhamos de seguranza pública, xa que os dirixentes da dereita non a precisan ao tela privada.

Pra isto é pro que serven Leis como a de seguranza cidadá, recén aprobada, pra reprimir aos que están descontentos/as e protestan, non pra evitar a delincuencia real.

Volver