Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG PUBLICA O VIDEO DA MANIFESTACIÓN CONTRA O LUME DO 16 DE SETEMBRO

07 Nov 2016

Mentres a SEAGA despide a todos/as os seus trabalhadores/as

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia ven de publicar o vídeo realizado con ocasión da celebración da Manifestación contra o lume e pola prevención, celebrada en Verín o pasado 16 de Setembro do 2016. Entrementres, a EP SEAGA, S.A. ven de despedir a todos os trabalhadores/as que loitan contra o lume, ficando o noso País, durante o inverno, sen servizo público que se dedique á prevención e limpeza forestal.

No ano que ven voltaremos ouvir a aqueles que non lhe queren a iste País falar de incendiarios/as que executan os nosos montes, mentres Galiza desparece entre as lapas da súa incompetencia.

Preme enriba do vídeo para velo. Paga a pena !!!

 

Volver