A CIG PRESENTA ALEGACIÓNS CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE RSU DA DEPUTACIÓN DE OURENSE
Fundamenta iste recurso en catro puntos
A CIG ven de presentar alegacións contra a privatización do servizo de RSU que pretende levar a cabo a Deputación provincial de Ourense. Ao igual que fai sete anos, a central sindical inicia un proceso que tenta frear a decisión que o pleno diste ente provincial tomou. A central entende que os argumentos esgrimidos, tales como a ineficacia económica, os déficits de persoal, o infradimensionamento da área de medio ambiente, non son motivos reais para esta privatización, ollando que o informe redactado polo diretor da área de medioambiente contén múltiples incongruencias. Na memoria exposta, ao mesmo tempo que se sinala á eficiencia económica e á necesidade de fortes investimentos como unha das razóns que xustificarían a muda cara o modo de xestión indireto, asegura que a cuestión económica ten escasa importancia relativa niste asunto.
O vindeiro venres 28 o comité de empresa ten convocada unha reunión nas cocheiras da Deputación, na rúa 5 do polígono de San Cibrao para abordar, a maiores de xudicialmente, de maneira sindical.

