Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG presenta alegacións aos Orzamentos 2009 do Concello de Verín

17 Abr 2009

A central detectou erros que manteñen as diferencias retributivas para traballadores/as da mesma categoría

As alegacións presentadas pola central son as mesmas que xa se puxeran de manifesto nas reunións das comisións negociadoras, previas á aprobación dos Orzamentos 2009. A CIG-Verín atopara dous tipos de defectos na RTP municipal e no cadro de persoal e no axexo correspondente ao persoal laboral e funcionario para o 2009.

Segundo se recolle na alegación, os defectos refírense aos salarios base do persoal laboral, recollidos na RTP, que “poden ser nulos, por canto non gardan a debida equivalencia retributiva”, xa que dentro da mesma categoría profesional establécense salarios diferentes, creando así “discriminacións económicas entre traballadores/as que desenvolven idéntico traballo”.

Pos outra banda, o propio Concello recoñeceu que existen, polo menos, tres postos mal avaliados, no que atinxe ao seu complemento específico, no colectivo do persoal funcionario: o do sarxento, o do cabo e o de axente da policía local.

Vulneración dos dereitos

Estes feitos, que foron denunciados con anterioridade diante do alcalde do Concello, poden supor unha vulneración do dereito de Liberdade Sindical, na súa vertente de negociación colectiva, “ao negarse o Concello de Verín a negociar as dúas irregularidades da RPT denunciadas pola CIG”.

Así mesmo, dende a Unión Local denunciouse que tamén supón unha vulneración do dereito de Igualdade e non discriminación ao manter no cadro de persoal e no anexo do persoal laboral e funcionario as dúas deficiencias contidas na RTP.

Por último, na alegación aos Orzamentos recóllese que se está a vulnerar “o principio de constitución da legalidade, por canto o alcalde do Concello, coñecedor de tais discriminacións (denunciadas pola CIG) non só se negou a negocialas, senón que, mesmo, se negou a arranxalas administrativamente; perpetuando unha situación inxusta nas normas municipais”.

Aprobación no Pleno

Anxo García Torres, responsábel da CIG-Verín, explicou que a partir deste acto o procedemento a seguir debe ser:

1.-O pleno do Concello debe resolver as alegacións formuladas e aceptalas ou rexeitalas.

2.- No caso de rexeitalas, publicarase definitivamente o Orzamento para o 2009 e abrirase a vía contencioso administrativa, establecéndose un prazo de 2 meses para impugnar nesa orde xurisdicional os orzamento do Concello.

Volver