Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG ORGANIZA UN NOVO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

25 Xan 2023

Farase na modalidade de Teleformación

O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG ten programado que o vindeiro día 23 de febreiro de 2023 comece un Curso Básico de prevención de riscos laborais na modalidade de teleformación. O curso estará dispoñible na plataforma dende o 23 de febreiro deica o día 24 de marzo.

O prazo para presentar solicitudes remata o mércores 8 de febreiro ás 14:00 horas.

Para a inscrición, debes chamar ou enviar correio electrónico á CIG, cos seguintes datos: nome e apelidos, DI, código postal, concello de residencia, email e número de teléfono móbil. Debes por unha especial atención no documento de identidade e no enderezo de correio electrónico, imprescindibeis para recibir as claves que dan acceso á matrícula do curso. As claves remítense uns días antes do inicio do curso, indicando na comunicación a data tope de matrícula.

Non se admiten enderezos de correo electrónico de hotmail, pois este proveedor en moitos casos considera o correo que se envía para a matriculación como spam e non permite a entrada na caixa de correio do destinatario, nin avisa ao remitente de que non foi entregado, o que conleva que a persoa non se poida matricular.

Volver