Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG OBTÉN UNHA VEZ MÁIS A MAIORÍA ABSOLUTA NO COMITÉ DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

12 Mai 2023

Fíxose con 6 dos 9 representantes a elixir

A CIG gañou unha vez máis, por maioría absoluta, as eleccións sindicais que se veñen de celebrar no Concello de Xinzo de Limia, obtendo 6 dos 9 delegados/as que se escollían no comité de empresa. Iste sindicato acumula un total de 7 maiorías absolutas, exercendo a representación nos últimos 28 anos.

A central nacionalista obtivo un total de 54 votos entre o persoal laboral municipal o que lle outorga 6 representantes, fronte aos 28 votos que sumou CCOO, que contará con 3.

Dende a CIG lembran que estes resultados tan positivos para o sindicato é o froito dun traballo de máis de 28 anos, nos que a central obtivo nada menos que 7 maiorías absolutas. Tralos últimos procesos de estabilización, plan de igualde, defensa contra os ataques ó persoal con cambios arbitrarios de quendas e horarios, etc, a nova representación elixida comprométese a seguir traballando na mesma liña, na defensa dos intereses e dereitos de todo o plantel.

Finalmente, agradecen a confianza amosada polos traballadores/as no proxecto sindical que representa a CIG e trasládanlle os seus parabéns tanto aos representantes elixidos/as como ao cadro de persoal laboral do Concello, “que soubo unir forzas no único sindicato que defende realmente os seus dereitos”.

Volver