Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG OBTÉN TODOS OS DELEGAD@S DO PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELHO DE VERÍN

04 Nov 2015

Resultan elixid@s os 3 candidat@s da CIG, con 65 votos, fronte aos candidat@s da CSIF e CCOO que, con 9 e 4 votos respeitivamente, fican fora da Mesa Xeral do Concelho

Tras a votación celebrada onte, día 3 de Novembro do 2015, no marco do proceso electoral sindical do persoal funcionario do Concelho de Verín e olhados os resultados acadados pola nosa central sindical, non podemos mais que agradecer a todos e a todas os trabalhador@s municipais a confianza depositada na CIG e, asemade, GARANTIR QUE CALQUERA COLECTIVO DO PERSOAL ESTARÁ REPRESENTADO E DEFENDIDO POLA CIG NA MES XERAL DE NEGOCIACIÓN.

Os resultados da votación foron os seguintes:

CIG                                 3              65 votos                                  
CCOO 0 4 votos
CSIF 0 9 votos

En consecuencia, tras o proceso electoral do persoal funcionario e téndose celebrado xa as eleccións do persoal laboral, a Mesa Xeral de Negociación do Concelho de Verín ficará composta do seguinte xeito

CIG                                  6 representantes                                      
CSIF 2 representantes
CCOO 0 representantes
UGT 0 representantes

Volver