Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG obtén, por cuarta vez consecutiva, sete dos nove delegados/as do persoal laboral do Concello de Xinzo de Limia

13 Mai 2011

A central revalida a súa maioría ao conseguir o apoio do 78% dos traballadores/as

Con este resultado, subliñan dende a CIG de Verín, os traballadores e traballadoras laborais do Concello de Verín “veñen de dar un novo paso de respaldo e consolidación da acción sindical desenvolvida pola CIG nesa administración local e na propia comarca limiá”.

Así mesmo, agradeceron a confianza depositada nesta central sindical, que leva 16 anos ostentando a presidencia do Comité de empresa do persoal laboral deste concello, e que nas eleccións celebradas este 13 de maio volveu obter o apoio de case o 80% dos/as traballadores/as da institución.

Volver