A CIG OBTÉN OS 3 REPRESENTANTES A ELIXIR EN TEKO WOOD SOLUTIONS
Faino desbancando a CC OO que iniciou o proceso
A CIG Verín A Limia ven de ganhar as Eleccións Sindicais na empresa de Vilar de Santos, Teko Wood Solutions, pertencente ó sector da madeira e adicada á tranformación da mesma, obtendo os tres delegados en xogo nas eleccións celebradas o 24 de marzo.
Deste xeito, consolida a súa posición como sindicato máis representativo na comarca. Dende a UL indican que anteriormente a representación era dun só delegado de persoal, de CCOO, que tras convocar un novo proceso, quedou sen representación na empresa.
Asemade, a Unión Local quere amosar o seu agradecemento ó apoio que o plantel de Teko Wood Solutions fixo ós tres delegados presentados pola CIG, e aseguran que os representantes deste sindicato na empresa centrarán o seu labor nos vindeiros anos en defender os dereitos laborais de todo o cadro de persoal.

