Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG LOGRA REPRESENTACIÓN E ENTRA NO COMITÉ DA MANCOMUNIDADE DO CARBALLIÑO

24 Xun 2021

A Federación da Administración da CIG Ourense agradece o apoio e comezará o traballo sindical

A Federación da Administración Pública da CIG en Ourense ven de anunciar que obtivo representación nas Eleccións Sindicais celebradas o mércores 23 de xuño na Mancomunidade de Concellos do Carballiño. Deste xeito entrar a formar parte do Comité de Empresa cunha delegada.

A importancia diste resultado ven motivada pola representación que esta Mancomunidade ten, posto que abarca un amplo territorio, que incrúe os concellos de Piñor, Beariz, San Amaro, O Irixo e Boboras. Deste xeito, ábrese a porta a levar a cabo un traballo sindical que acade milloras para as/os traballadoras/es.

Asemade, a Federación da Administración Pública da CIG de Ourense agradece o apoio recibido de todas/os traballadoras/es que depositaron o seu voto para a iste sindicato, aseverando que representarán dignamente os intereses do conxunto do persoal e defenderá a liberdade sindical, a transparencia e o dereito a decidir de todos os traballadores e traballadoras sobre as cuestións que lles afectan.

Volver