A CIG INICIA A CAMPANHA: É O MOMENTO DE RECUPERAR OS NOSOS DEREITOS
Foi presentada ós medios en rolda de prensa
A CIG de Ourense deu comezo a campanha "É o momento de recuperarmos dereitos coa CIG" apresentandoa diante dos medios de comunicación en rolda de prensa, iste mércores 29 de novembro. Asistiron responsábeis de todas as federacións e tamén da executiva comarcal. Na presentación, o responsábel de negociación colectiva deu conta das accións sindicais e das sinaturas de convenios colectivos levadas a cabo nos últimos tempos. Coa campanha preténdese retomar os dereitos arrebatados durante os tempos de crise.

