A CIG impugnará no TSXG o orzamento de 2014 do Concello de Verín pola negativa do Goberno local a negociar o capítulo de persoal
25
Xan
2014
A central levará á Fiscalía de Ourense os incumprimentos do alcalde 'popular' Jiménez Morán, condenado en tres ocasións por violar dereitos fundamentais
A CIG anunciou a súa decisión de impugnar no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) os orzamentos do Concello de Verín para 2014 ante a negativa do Goberno local a negociar o capítulo de persoal. Ao mesmo tempo, a central nacionalista levará á Fiscalía de Ourense os incumprimentos do alcalde 'popular' Jiménez Morán, condenado en tres ocasións por violar dereitos fundamentais