A CIG IMPUGNARÁ A CIRCULAR DE TRAGSA POLA QUE SE PROIBE AOS SEUS TRABALHADOR@S PUBLICAR FOTOS SOBRE INCENDIOS FORESTAIS
A circular de TRAGSA que impide fotografar incendios forestais podería atentar contra o dereito de liberdade de información dos cidadáns e cidadás
Ante a publicación dumha curiosa circular interna da empresa TRAGSA, denominada: "Pautas para el personal de Tragsa que trabaja en labores de lucha contra incendios forestales (tareas de prevención y/o extinción)", pola que se proibe ao persoal de incendios informar e difundir fotografías sobre tais sinistros, a Asesoría Xurídica da Confederación Intersindical Galega ven de ditaminar que tal decisión viola o dereito fundamental á liberdade de expresión e á liberdade de información dos cidadáns e cidadás; motivo polo que recomenda a presentación de demanda xudicial sobre protección de dereitos fundamentais e liberdades públicas, contra a empresa TRAGSA, coa pretensión de acadar a anulación xudicial da citada Circular.