Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG IMPUGNA A APROBACIÓN INICIAL DA RPT DO CONCELLO DO CARBALLIÑO

22 Feb 2018

A reclamación foi presentada o día 21

A CIG ven de presentar reclamación contra a aprobación inicial da RPT do concello do Carballiño, aprobada cos votos a favor de CCOO, UGT e CSIF, argumentando que o proceso de negociación e elaboración da RPT se realizou en fraude de lei e de xeito inverso, pois se asignaron determinadas contías económicas, deducidas do orzamento global aprobado polo concello para a elaboración da RPT, a certos e específicos postos de trabalho, nen sequera todos, e que tais asignacións económicas previas, se adaptaron, personalizada e invidualizadamente, ás escalas de puntos estabelecidas na RPT para a atribución dos complementos específicos e complementos de destino aos postos de traballo previamente favorecidos.

O obxecto da denuncia consiste en que se violaron os dereitos á igualdade, á negociación colectiva e ao procedimento legalmente estabelecido, por canto este último impuña unha secuencia de actos contraria á descrita.  

 

Volver