Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG GANHA AS ELECCIÓNS SINDICAIS NO SECTOR DA SANIDADE DA COMARCA DE MONTERREI

07 Mai 2015

Con 87 votos, dun total de 257, a Confederación Intersindical Galega ganhou as eleccións sindicais celebradas onte no sector da saúde na nosa comarca

Con 87 votos, dun total de 257, a Confederación Intersindical Galega ven de ganhar as eleccións sindicais celebradas onte no sector da saúde na nosa comarca. O resultado fala por si só; a CIG dobrou os votos conseguidos hai catro anos, e dobra hoxe, sobradamente, á segunda organización sindical en resultados, á CSIF que acadou 38 votos.


Este resultado ven a amosar un claro respaldo ao trabalho que diariamente desenvolven as nosas companheiras e companheiros tanto no hospital de Verín, coma no ambulatorio e nos diferentes centros de saúde dos concelhos da nosa comarca.

Resultado das votacións:

ELECTORES: 346;

VOTOS TOTAIS: 257;

CIG : 87

CSIF: 38

UXT: 37

CESM-OMEGA: 31

SAGAP: 23

SATSE: 18

SAE: 12

CCOO: 7.

Volver