Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS NOS PARQUES DE BOMBEIROS DE OURENSE

23 Out 2019

Con 28 votos, case dobra a seguinte opción, UGT con 15

A CIG fíxose con dous Delegados de persoal nas Eleccións Sindicais celebradas hoxe nos Parques de Bombeiros de Verín, Xinzo de Limia, O Carballiño e A Rúa de Valdeorras, xestionados pola empresa VEICAR. Esta candidatura tivo un forte apoio do plantel e permite contar con 2 dos 5 representantes do comité de empresa.

A CIG sumou un total de 28 votos, mentres que a UGT logrou 15 apoios, SIBGAL 14 e a USO 12, contando con 1 representante cada unha destas tres organizacións.

 A sección sindical da CIG dos Parques de Bombeiros de Veicar agradece a confianza amosada polo cadro de persoal na súa candidatura e afirman que seguirán a loitar na defensa dos dereitos laborais e pola mellora das condicións de traballo do conxunto dos traballadores/as da empresa.

 Asemade, dende a central sindical indican que iste resultado electoral respalda e recoñece o traballo desenvolvido nos últimos anos e manifestan que seguirán a traballar en conxunto coa representación de persoal para defender os dereitos laborais e sociais de todos as/os empregadas/os.

Volver